sábado, 9 de abril de 2011

HAY QUE VER QUE VIDA


HAY QUE VER QUE VIDA
COMENTARIO DE ALFREDO LOPEZ FERNANDEZ
Olá:
Na liña do exposto a respecto do GDR18 (http://www.agdr18.org/) e do GAC7  (http://www.accioncosteira.es/) na asamblea de Compostela quixera comentar a situación de ambas entidades.
Como sabedes temos representación na Xunta Directiva de ambas entidades. Persoalmente represento á CEMMA na mesa de medio ambiente, na xunta directiva e son o secretario do GAC7 e tamén represento á CEMMA, e a CCMM de Peitieiros, na mesa de montes e medioambiente e na xunta directiva do GDR18.
Por facer memoria:
Implicámonos moito na creación e xestión de ambas entidades porque xa formabamos parte do PRODER que se transformou no GDR. Durante o cento de horas investidas na súa creación tivemos que enferntar moitas situacións, entre outras coas comunidades de montes que tartaron de botarnos da mesa de montes e medio ambiente e mesmo con algúns colectivos ecoloxistas que depois de montar unha broca tremenda non se integrou no GDR nin un, algúns deles si se integraron no GAC, todo iso pola nosa contribución. Algunhas das asembleas constituíntes empezou as 20 h e rematou aas 01:00 h do día seguinte. Posteriormente foi ASTROPENTA quen levou oo peso da selección do persoal de ambas entidades.
En canto ao funcionamento, mesualmente hai dúas reunións do (GDR e do GAC) que duran ata as 10:30 ou 11 h, cada tres meses mesa de medio ambiente e cada ano dúas asembleas, ademais de xuntanzas ocasionais en Santiago e outras noutros lugares.Eu mesmo puxen en marcha o blog do GAC, a publiciade, o logo e outras cousas. Polo tanto o esforzo en tempo, en gasto de desprazamentos, en estar pendente do teléfono diariamente como secretario do GAC e en cabreos é para min moi importante.
Situación GAC
O GAC7 tivo que devolver o diñeiro que sobrou o pasado ano xa que se perde o non gastado (e non se gastou todo porque non nos deixaron, non admitiron as propostas que fixemos para difusión, por iso paralizaron a edicción dos materiais propostos pola CEMMA) e están en espera de recibir o deste ano, iso significa que as dúas persoas do equipo técnico están sen cobrar dende decembro e que houbo que pedir un préstamo para pagar o gasto corrente do local. A situación de todos os GAC de Galicia é semellante tendo en conta que algúns están a piques de pechar por mor de que non soportan a débeda de máis de 90 mil euros que teñen pedido. Co agravante de que neste momento estanse a recibir os proxectos e hai que tramitalos. O GAC7 xestionou 14 dos 64 proxectos, 1/7 parte do territori oxestionou un cuarto dos proxectos.
Pola contra a maior parte dos GAC están nas máns do PP polo que se negan a protestar ou a abrir a boca, os presidentes e xerentes están dispostos a marchar para casa coa almorrana e en silencio. A miña opinión, manifestada en varias ocasións, é de denuncia pública e de levar a situación ao parlamento, e cando así se fixo a consellería moveu ficha.
Situación GDR
O GDR 18 ten outro funcionamento polo que non ten eses problemas xa que ten préstamos pedidos para poder abordar o impago da xunta, mais vimos de recibir unha carta en relación ao funcionamento da sunta directiva que AGADER califica de IRREGULARIDADES e ameazan con disolvernos. Vai copia da carta. Hai que ter conta de que o GDR ten tres traballadores e xestionaron 100 dos 600 expedentes de Galciia (Hai 31 GDR, e 1/31 parte do territorio xestionou unha sexta parte dos proxectos) http://agader.xunta.es/EixoLeader_Gal.do.
Un dos problemas máis graves do GDR é que non pagan os proxectos executados polo que poñen en grave risco aos promotores, esta situación vai ser abordada por Santiso, o presidente da Rede de GDR (do PP) que falará co presidente para blloquear esa situación).
Iso significa que tanto o GAC como o GDR desta zona están funcionando e son os máis dinámicos e participativos de Galicia, mais en vez de ser premiada esa situación está sendo penalizada porque non interesa que o control esté na man da xente normal e corriente (representada na xunta directiva) senón dos xerentes e do aparato de pooder.
Neste momento e diante desas acusacións ábrese un período de incertidume que vai na mesma liña que o goberno do PP marcou dende a chegada ao poder, atrancar a disolver estes procesos de xestión económica en base á partciiapción públcia de fondos europeos.
As razóns
A razón do apoio a estas iniciativas é que consideramos a participación social como un alicerce básico da democracia, máis cando se refire á xestión de fondos públicos europeos, que tantas veces criticamos que eran soterrados en asfalto. Consideramos que outro modelo social é posible a asumimos a responsabilidade da xestión participativa e da dinaminación social do territorio.

Alfredo López


No hay comentarios: